- sesión contará coa preestrea de O bonito crime do carabineiro, un filme baseado nun relato do Nobel co mesmo título e que será presentada polo actor galego Manuel Manquiña.
- A catedrática de Literatura e Lingua Española Ana María Platas Tasende será a encargada de achegar ao público a biografía e a produción literaria do escritor.
- Os asistentes poderán observar a exposición Camilo José Cela. Escritor universal, unha selección de fondos cedidos temporalmente pola Fundación Camilo José Cela e que se pode visitar na Biblioteca de Galicia.
O acto incluirá a preestrea do telefilme O bonito crime do caribineiro, que será presentado polo actor Manuel Manquiña. O filme está baseado nun relato escrito polo Nobel galego e será a primeira vez que se proxecte en público. Coproducida pola TVG, Zenit-TV e Pórtico, a película contou coa financiación da Xunta e co apoio de Programa Media da Unión Europea.
A sesión adicada ao Nobel galego farase coincidir co arranque dunha exposición na Biblioteca de Galicia, que leva por nome Camilo José Cela. Escritor universal e que pretende achegar ao público a amplitude da obra do escritor, que publicou más de 120 títulos e que destacou non so como novelista, senón tamén como narrador, articulista, dramaturgo ou lexicógrafo. A exposición foi comisariada polo decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona, Adolfo Sotelo Vázquez.
A Fundación Camilo José Cela obsequiará aos asistentes co catálogo da exposición e cun exemplar do libro La dama pájara y otros cuentos, unha escolma de 55 relatos na que aparece o conto no que se basea o filme O bonito crime do carabineiro. Ademais, os participantes recibirán como regalo da Biblioteca de Galicia un exemplar de A Rosa, un libro editado pola Xunta de Galicia onde se recollen as memorias da infancia de Cela.
Galicia, ceo das letras continuará o 26 de febreiro coa sesión adicada a Fernando Pessoa, que contará coa actuación de Dulce Pontes e Uxía Senlle, un espectáculo inédito no que as dúas damas da música galega e portuguesa cantarán os versos do poeta luso. As prazas para participar atópanse xa esgotadas.
Fonte: Galicia Aberta
Nenhum comentário:
Postar um comentário